ACRUGA Asociación. Saúda

¿Quén somos?


A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (A.C.R.U.G.A.), é unha entidade colaboradora do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM, antigo MAPA) para a xestión do Libro Xenealógico e o Programa de Mellora da raza, en todo o Estado. Está incluída no Rexistro de Asociacións recoñecido pola Unión Europea, desenvolvendo baixo a súa responsabilidade a conservación, valoración e selección da raza, así como a difusión, promoción, fomento e expansión da mesma a nivel nacional e internacional.

Dende o ano 1968 en que foi fundada, ven cumprindo estes fins, estando entre os obxectivos principais da Asociación conservar o patrimonio xenético herdado e melloralo canto se poida, adaptándose aos tempos, así como a defensa dos intereses dos nosos gandeiros.

Á bagaxe e probada capacidade de ACRUGA ao longo destes 40 anos da súa existencia débese gran parte do éxito da raza Rubia Galega e a súa expansión fóra de Galicia, tanto a nivel nacional, como internacional, fundamentalmente en Europa e Sudamérica. A concienciación dos gandeiros da importancia xenética do seu gando, é a clave do éxito da calidade dunha raza que goza de recoñecido prestixio en todo o mundo.

O traballo coordinado de técnicos e gandeiros e o apoio das Administracións Públicas e demais entidades colaboradoras, fan posible que o gando de Rubia Galega convértase nunha raza moi competitiva no mundo da produción de carne de calidade.



« Voltar

© 2017 Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega
   C/ Ramón Montenegro 18 Bajo - 27002 Lugo
   Teléfono 982 226 068