ACRUGA Actividades

Programa de Mellora Xenética

Obxectivos e criterios de selección

Establécense considerando a incidencia económica (venda do xato ao destete) e o determinismo xenético das aptitudes cárnicas (engorde e valor da canle) e das calidades maternais (produtividade das vacas).

Son obxectivos de selección o crecemento muscular (obxectivo principal), a produtividade das vacas, con poucas intervencións humanas e necesidades alimentarias mínimas adaptadas ás dispoñibilidades de forraxe (femias de mediano tamaño) e boas calidades maternais (facilidade de parto e boa produción leiteira). Así mesmo, valórase a capacidade de adaptación ao sistema de cría para manter a súa produtividade (necesidades produtivas, mobilización e reconstrución de reservas corporais, resistencia, etc), que en definitiva mide a rusticidad.

Valoración das vacas

Consideramos a fertilidade, facilidade de parto, crecemento dos xatos, precocidad sexual, intervalo de partos e morfoloxía das vacas.

Avaliación de sementais novos polos rendementos individuais en Estación

Realízase con animais machos, fillos de vacas que, polos seus antecedentes, polos controis dos seus rendementos, e polos resultados da súa cualificación en tipo-conformación, foron aprobados de vaca para nai de Semental de Selección..

Os animais ingresan na nave de testaje á idade de 7 meses, pasan por un período de adaptación de 30 días e son sometidos a un período de avaliación que comprende sete controles completos de periodicidade mensual, nos que se comproba a ganancia diaria de peso vivo, o consumo de penso e índice de conversión e aptitude xenética.

Avaliación pola descendencia de touros de aptitude cárnica

Está baseada nos rendementos da progenie na explotación, efectuándose os controis de crecemento (peso ao nacemento e ao destete), conformación ao destete (combinación lineal dunha puntuación, axustada á idade, en relación co desenvolvemento muscular, esquelético e cualidade racial), aptitude de parto (grao de dificultade), e capacidade de cría (media do crecemento desde o nacemento aos 60 días).

Avaliación pola descendencia de touros debido as calidades maternais

Realízase nas propias explotacións sobre fillas de touros en proba, nas que se fan controis de crecemento e morfoloxía, fertilidade e precocidad sexual, facilidade de parto e produción leiteira.



« Voltar

» Programa de Mellora Xenética

» Xestión do Libro Xenealóxico

© 2017 Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega
   C/ Ramón Montenegro 18 Bajo - 27002 Lugo
   Teléfono 982 226 068