Media de 2130 euros na poxa de xovencas de Rubia Galega en Castroverde





O municipio de Castroverde recuperou este domingo a poxa de xovencas de Acruga como parte da programación das festas de Santiago Apóstolo, que levaba anos sen celebrarse.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega presentou á poxa tres xovencas preñadas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, que lograron un prezo medio de 2.133 euros, moi por riba do de saída, fixado en 1.800 euros.

O recinto feiral de Castroverde reuniu a numeroso público, entre os que se atopaban os doce gandeiros de varios concellos lucenses que sacaron cartón para optar á poxa.

Finalmente, un criador de Outeiro de Rei levou a primeira e a terceira xovenca, as dúas que obtiveron cotizacións máis altas, con prezos finais de 2.350 e 2.100 euros. O segundo dos exemplares foi a unha explotación de Meira e adxudicouse por 1.950 euros.
Ver noticia completa