S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

ACRUGA SOLICITA AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN MELLORAS NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE RECRÍA DA GRANXA GAYOSO CASTRO PARA A RUBIA GALLEGA





A nova directiva de Acruga foi recibida este mañá por Darío Campos, nun encontro no que se falou ademais da renovación do convenio

Lugo. 04/junio/2018

A nova directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, foi recibida esta mañá polo presidenta da Deputación de Lugo, Darío Campos, nun encontro no que os integrantes da nova directiva, encabezada por César Dorado, solicitaron ao presidente da Deputación a mellora das instalacións para a rubia gallega que hai no centro de recría da Granxa Gayoso Castro. Ambas institucións traballan neste centro desde hai anos pola mellora de animais desde raza, e pola recría de novillas para responder á demanda dos gandeiros que se incorporan á rubia gallega e tamén para subastar os mellores exemplares nas subastas de gando que organiza Acruga por toda Galicia. Desde Acruga sinalaron que "é moi importante manter e renovar o convenio que temos coa Deputación para seguir traballando na mellora, na expansión e na promoción da rubia gallega".
Os membros da nova directiva aproveitaron a reunión para explicarlle proxectos futuros como o estudio da xenómica da raza rubia galega ou sexar seme de touro destinado unicamente para a produción de femias, entre outras medidas.