S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

Plan Integral Ganadero





O plan integral para o desenvolvemento sostible do sector gandeiro na provincia de Lugo, é unha iniciativa da Deputación Provincial, no marco de Lugo2, co obxectivo de fomentar a creación ou reconversión de empresas vinculadas á gandería ecolóxica, para o que se ofrecerá formación e asesoramento técnico especializado en temas relacionados coa produción ecolóxica, dende a tramitación administrativa, pasando pola produción en sí, ata a comercialización do produto obtido.

Os destinatarios desta actividade son todos aqueles interesados na gandaría ecolóxica, dende gandeiros convencionais que queren reconvertir a súa explotación tradicional en ecolóxica, ata desempregados que ven nesta iniciativa unha oportunidade de futuro. Ao ser un proxecto cofinanciado con fondos FEDER ao 80%, non poden participar deste proxecto aquelas persoas censadas no concello de Lugo (por ser este un concello de máis de 50.000 habitantes).
Este Plan intenta apoiar o desenvolvemento económico do sector en Lugo, promocionar a actividade gandeira da provincia, así como fomentar o consumo dos alimentos ecolóxicos. Desta forma preténdese poñer en valor o sector gandeiro lucense, favorecendo a unión e a cooperación dos compoñentes que o integran e facendo fincapé nas súas fortalezas e oportunidades.

Para dar a coñecer máis pormenorizadamente este proxecto, estánse a impartir charlas informativas en diversos concellos da provincia de Lugo. Os lugares e datas das próximas charlas son:

- Martes 12 de marzo, as 12 h.: Casa da Cultura de Sarria.
- Venres 22 de marzo, ás 12 h.: no Multiusos do Concello de O Incio.
- Mércores 27 de marzo, ás 11:30, na Granxa Gayoso-Castro (Castro Riberas de Lea).

A formación que se ofrecerá, estará organizada a través dos seguintes cursos nos que se participar (a elexir un):

- GANDO MAIOR: VACÚN DE CARNE E LEITE
- GANDO MENOR: PORCINO
- GANDO MENOR: AVICULTURA DE CARNE
- GANDO MENOR: AVICULTURA DE POSTA
- GANDO MENOR: OVINO-CABRÚN

Os cursos son totalmente gratuítos e impartiránse nas modalidades presencial, mixta, e on line.

A FICHA INSCRICIÓN pode remitirse por correo electrónico, correo postal ou fax. As inscricións para os cursos seleccionaranse por rigoroso orden de recepción.

Para máis información en:

- Web: www.planintegralgandeiro.info
- Correo electrónico: pigandeiro@deputacionlugo.org
- Teléfono: 982630007
- Fax: 982231031
- Oficinas Genética Rubia, SL, Ramón Montenegro 18, 27002 Lugo
GANDO MAIOR: VACÚN DE CARNE E LEITE

GANDO MENOR: PORCINO

GANDO MENOR: AVICULTURA DE CARNE

GANDO MENOR: AVICULTURA DE POSTA

GANDO MENOR: OVINO-CABRÚN

FICHA DE INSCRICIÓN

TRÍPTICO