S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

O PRESIDENTE EN FUNCIÓNS DE ACRUGA E CANDIDATO, CÉSAR DORADO, ASEGURA QUE AS NOVILLAS QUE SE PRESENTAN ÁS POXAS SON DOS PROPIOS GANDEIROS E RESPONDE POLA SÚA ALTA CALIDADE



Asegura, respecto ás declaracións de Núñez Torrón que "non se pode ir en contra dos intereses dos propios gandeiros"

O presidente en funcións de Acruga e candidato ás eleccións nesta asociación, César Dorado, quixo matizar hoxe as declaracións do outro candidato, Núñez Torrón, aparecidas nos medios de comunicación nas que fala da mala calidade das novillas presentadas á subasta de Castroverde como principal razón para os malos resultados da poxa. Dorado asegura que estes exemplares pertencen ós propios gandeiros e que, polo tanto, "respondo totalmente pola alta calidade destes animais". Sobre os malos resultados da subasta de Castroverde, cree que "o feito de ter a semana anterior a Subasta Nacional en Adai, que todos os anos celébrase en xuño, restou compradores". Ademais, apunta a que "cada vez son máis os gandeiros que van directamente ó centro de recría, Pero en tódalas subastas en xeral, sinala, as novillas que proceden do Centro de Recría son animais que os propios gandeiros poñen a disposición da asociación para a súa recría. Son exemplares fruto dunha selección morfolóxica, xenealóxica e sanitaria, é dicir, que por parte dos veterinarios da asociación se comproba que morfolóxicamente cumpran co prototipo racial e non teñan defectos descalificantes, sácaselles sangre e compróbase que realmente sexan fillas de animais de raza Rubia Galega e tamén se analiza esta sangre para comprobar que sanitariamente estén en perfecto estado, ademáis de ter superadas as probas oficiais de saneamento gandeiro. Todo esto sen deixar de lado o tema da consanguinidade, é dicir, compróbase na súa ascendencia que o grado de consanguinidade sexa o mínimo posible".

O presidente en funcións de Acruga e candidato cree que as declaracións de Núñez Torrón se deben ó descoñecemento do que se está a facer na asociación, e pídelle que non critique a calidade destes animais, porque "iso é ir en contra dos intereses dos propios gandeiros".

En canto á "desfeita xenética" da que fala o señor Núñez Torrón creo que non se molestou en coñecer o que se fixo dende Acruga nos último anos. Por exemplo, a porcentaxe de partos que requeriron intervencións diminuíu moitísimo ata rexistrarse menos dun dous por cento no número de cesáreas nos últimos anos.

De feito, o 95 % das femias de raza rubia paren sen problemas e a maioría soas, sen axuda ningunha. Esto foi un avance co respecto ó século pasado e principios deste, onde as dificultades no parto eran un dos problemas da raza rubia. Dende Acruga traballouse na coidada seleción dos sementais, nos programas de mellora da raza e a diminución do peso ó nacemento e do control do denominado gen de carácter culón.

En temas de selección estase a traballar nun programa de consolidación da variabilidade xenética da raza, en dúas liñas fundamentais: por unha banda, coa obtención de descendentes machos de alto valor xenético, tendo hoxe en día 14 machos na nave de testaxe para valorar e pasar a ser futuros sementais. Por outra, a través da formación dun núcleo de reprodutoras de elite con carácter de doadoras de embrións nas diferentes ganderías de Rubia Galega dispostas a colaborar, das cales se está revisando a súa xenealoxía, funcionalidade, calidades maternais, duración das xestacións e cualificación morfolóxica.

Por último, César Dorado sinala que "a día de hoxe xa temos os primeiros resultados, e na asociación xa contamos con máis de 20 embrións extraídos a madres de futuro semental de ganderías colaboradoras, estando algúns xa implantados en receptoras desas mesmas ganderías".

O presidente en funcións de Acruga considera ademais que "a proba de que estamos no bo camiño é que a demanda de animais cada vez é maior dentro e fóra de Galicia e tamén as exportacións de doses de seme a Latinoamérica e Europa".