A RUBIA GALEGA VIVE O SEU DÍA GRANDE NO EXPOLUGO A RURAL
Acruga entregou os premios do Concurso de Gando V Memorial Luciano Sánchez e os diplomas aos participantes no X curso de xuíces e
Lugo. 05/10/19
A Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA) vivíu hoxe o que podería chamarse o seu día grande coa celebración do Concurso de Gando V Memorial Luciano Sánchez, no que se distinguiron aos gandeiros cos mellores exemplares, ademais da entrega de diplomas ás 19 personas que tomaron parte no curso de xuices, que acada xa a décima edición.
Trala inauguración oficial da feira agrogandeira, Expolugo A Rural, que este ano celebra a súa vixésimo segunda edición, as autoridades fixeron un percorrido polos diferentes stands ata rematar no de Acruga, para participar nas entregas de distincións de hoxe. Por unha banda, os particiopantes no décimo curso de xuices recibiron o seu diploma que lles acredita como xuices amateur, auxiliar e principal, das mans das autoridades que recolleron a invitación de Acruga para participar neste evento. Despois, chegou o turno dos premios aos gandeiros cos mellores exemplares nas diferentes categorías. En total, entregáronse 14 premios ademais do de mellor lote, que foi a parar ao gandeiro de Samos, Manuel López Quiroga, quen obtivo o primeiro premio en touros e crías menores de dez meses, ademais de tres segundos premios. A gandeiría da Morena, de Friol, acadou a máxima distinción na categoría de vacas paridas, xunto a outros dous premios. Pola súa banda, a gandeiría de Estrella Buján, de Friol, se fixo co primeiro premio de novillas e novillos, e cun tercer posto a maiores. Tamén obtiveros segundos e terceiros premios os exemplares procedentes da Gandeiría Santalla, do Corgo, e da explotación de Penín Puente, de Friol.
Os alumnos do curso de xuices foron os encargados de evaluar e calificar aos animais para decidir os premios desta nova edición. Ademais dos exemplares premiados, no Expolugo A Rural poderán verse ata mañá unhas 90 cabezas de gando, procedentes destas explotacións, ademais de 14 animais do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, da Deputación de Lugo.
Algúns destes exemplares premiados foron esta mañá aínda máis protagonistas, ao participar no desfile de gando de razas autóctonas diante do Concello, no que a raza rubia galega estivo representada por dous sementais, e seis vacas con carros tradicionais, procedentes das gandeirías que tomaron parte neste nova edición do concurso de gando.