S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

Ó CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL COMPROMÉTESE EN ACRUGA A POÑER EN MARCHA UN PLAN ESTRATÉXICO PARA OS GANDEIROS DE CARNE





O OBXECTIVO É MELLORAR OS PREZOS DA CARNE E QUE OS CRIADORES OBTEÑAN RENDIBILIDADE

Aínda que coa prudencia que require o feito de estar en campaña electoral, a visita do Conselleiro de Medio Rural, José González, á sede de Acruga, trouxo consigo varios compromisos da Xunta de Galicia para os vindeiros anos, tanto para o sector da carne en xeral como para Acruga e os gandeiros de rubia, en particular.
Así, o titular de Medio Rural anunciou a posta en marcha dun plan extratéxico da carne, co obxectivo de mellorar os prezos deste produto e favorecer que os criadores obteñan rendibilidade. Neste plan, sinalou ante a directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, "Acruga ten que xogar un papel fundamental".
Medidas para subir o prezo da carne, máis promoción, investigación xenética, formación, ou a creación dunha Marca de Calidade Galega Agrogandeira son algunhas medidas deste plan, polo que aínda haberá que esperar, xa que a idea, según transmitiu o conselleiro é deixalo feito antes de outubro de 2020.
Máis próxima estará a probación dunha lei para a recuperación e posta en valor da terra agraria, un aspecto de cuxa importación falaron os directivos de Acruga ao Conselleiro, dándolle ademáis a idea de que haxa axudas por parte da Xunta para a compra de terras.
O presidente de Acruga, César Dorado, aproveitou a reunión para pedir axudas para os gandeiros de raza rubia y actuacións que melloren os servizos de Acruga. Así, logrou o compromiso de que o vindeiro ano faranse estudios de datos actualizados sobre a calidade da carne de rubia gallega para poder establecer informes comparativos con outras razas, para traballar así na mellora da promoción, das vendas e con elo, dos prezos. Tamén, comprometeuse a estudiar a posibilidade de que os touros de 9 a 14 meses que agora están na nave de testaxe do Corgo pasen directamente a Xenética Fontao, a unha das naves baleiras.
Tamén se levará a cabo próximamente a renovación do convenio que Acruga mantén coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do programa de Consolidación e Diversificación da Raza Rubia Gallega, para traballar conxuntamente na selección de reprodutores de alto valor xenético, é dicir machos reprodutores e donadoras de embrións.