S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

ACRUGA SUBASTA O VENRES 34 NOVILLAS NO CENTRO DE RECRÍA DA GRANXA GAYOSO CASTRO



Os gandeiros poderán poxar por 34 exemplares a un prezo de saída de entre 1.800 e 1.900 euros

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (ACRUGA) segue adiante co seu labor de promoción da raza ó tempo que atende a demanda de exemplares de rubia tanto en Galicia como fóra da comunidade. Ese é un dos principais obxectivos que se cumplirá o venres, día 16, coa celebración da poxa de xatas preñadas no centro de recría da Granxa Gayoso Castro, a partir das 11.30 horas nas instalacións da propia granxa, en Castro de Ribeiras de Lea.
Acruga presentará á poxa 34 xatas preñadas, de idades comprendidas entre os 24 e os 36 meses, preñadas de máis de cinco meses, cuns prezos de saía de entre 1.800 e 1.900 euros, e cunhas axudas á compra de 200 euros por animal, aportadas por Caixa Rural. A retirada de tarxetas poderase facer desde as 10:30, nas mesmas instalacións.
Os exemplares que irán á subasta son parte do rabaño de elite que existe na granxa Gayoso Castro, nun centro de recría, que funciona grazas á estreita colaboración de Acruga coa Deputación de Lugo, dende a sinatura dun convenio no ano 2007, co obxectivo común de recuperar e mellorar a xenética e facilitar a promoción e a expansión da raza, cubrindo a demanda de gandeiros de rubia e tamén a de novos criadores que apostan pola súa incorporación a esta raza. Na actualidade, o censo de exemplares de rubia gallega que hai no centro de recría ascende a 179 animais.
Para os gandeiros supón unha vantaxe adquirir exemplares nesta poxa, xa que segundo explica o presidente de Acruga, César Dorado, "as novillas que se presentan xa están seleccionadas a través dun proceso xenético, é dicir que proceden de reproductores con bos índices xenéticos. Ademais, estes exemplares pasaron satisfactoriamente un proceso morfolóxico e unha terceira selección baseada no aspecto sanitario". De feito, todos os animais que irán a subasta están sometidos ás probas IBR, BVD, paratuberculosis e neospora, ademais de proceder de explotacións oficialmente saneadas.
Dende Acruga esperan unha boa participación de gandeiros, non só de Lugo senón do resto de Galicia, e incluso doutras comunidades autónomas. Ademáis, polas boas cualidades das reses agardan unhas boas cotizacións.
A última poxa celebrada no centro de recría foi en decembro de 2016, cando tivo lugar a cuarta edición, na que as 32 reses presentadas conseguiron un prezo medio de 2.000 euros. Entón a maior cotización foi para unha vaca parida que saíu a poxa coa súa cría de dez días, e que foi adquirida en 2.350 euros.
Con todo, se temos en conta o prezo medio deste ano, as cotizacións deberían ser maiores, xa que na primeira e última poxa celebrada por Acruga, a de Adai o pasado mes de agosto, o prezo medio foi de 2.300 euros.
O proceso para formar este rabaño de elite comeza cando os gandeiros ofertan as súas novillas con oito ou nove meses. A continuacion, son revisadas polo persoal técnico de Acruga e tras pasar unha severa selección xenealóxica, morfolóxica e sanitaria, son adquiridas pola asociación. Posteriormente son trasladadas ao centro de recría, onde son mantidas e cuidadas. Á idade de 15 ou 18 meses son inseminadas e en canto se lles confirma a xestación xa están disponibles para a venda, ben directamente a gandeiros interesados ou ben por medio de subastas, como a que se celebrará este venres no propio centro de recría.