S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

PREZO MEDIO DE 2.635€ PARA AS NOVILLAS DE ACRUGA SUBASTADAS HOXE EN BECERREÁ





Un exemplar do centro de recría da Granxa Gayoso Castro se adxudicou en 3.300 €, unha das maiores cotizacións obtidas nas poxas da asociación da raza rubia

19/03/23. A susbasta de novillas preñadas organizada esta mañá en Becerreá pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, tivo un éxito rotundo despois de adxudicarse as sete novillas presentadas á poxa, todas elas en cantidades moi por riba dos 2.000? do prezo de saída, o que levou a conseguir un prezo medio de 2.635?. A maior cotización foi para unha novilla procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foi vendida en 3.300?, un dos prezos máis altos da historia das poxas organizadas por Acruga.
O día festivo e o bo tempo fixeron que o mercado gandeiro de Becerreá quedase pequeno para acoller a numeroso público, procedente de varios municipios lucenses, pero tamén de fóra da provincia. De feito, se sacaron un total de 33 tarxetas.
A poxa comezou forte, coa primeira novilla procedente dunha gandeiría particular, en Castroverde, que se vendeu en 2.900 euros a un gandeiro de Baralla. Outra novilla da mesma explotación de Manuel Berdeal foi adquirida por un gandeiro de Pedrafita do Cebreiro. Así as cousas, as poxas comezaban con contías altas, que continuaron nas subastas dos seguintes cuatro animais procedentes do centro Gayoso Castro, adxudicados en prezos que oscilaron entre os 2.000 e os 2.850.
Pero o auténtico colofón foi a subasta do último exemplar do centro de recría,unha novilla de 24 meses, con xenealoxía de Marelo por Marelo, e con sete meses de preñez que se adxudicou a un gandeiro con explotación en Vigo, por valor de 3.300 euros, un dos prezos máis altos que se lembran en Acruga obtidos en subastas deste tipo. Tras estes resultados, con contías tan elevands, o prezo medio da subasta ascendeu a 2.635 euros, con todos os animais adxudicados, o que supón un moi bo resultado para a poxa de hoxe.
O presidente de Acruga xa comentaba días antes que agardaban bos resultados por tratarse dunha boa época para mercar gando, pero trala poxa comentaba que se cumpriu cos mellores pronósticos nunha xornada na que o bo tempo e o día festivo, axudaron moito e se sumaron ao éxito desta nova poxa de Acruga.
As seguintes citas serán en Boimorto, o vindeiro día 26, mentres que o 21 de abril é a data escollida para celebrar a outra das grandes poxas da provincia, a de Pedrafita do Cebreiro, na que se esperan resultados tan bos como os obtidos esta mañá en Becerreá.