S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

COMUNICADO DE ACRUGA EN APOIO DOS GANDEIROS DE SUPREMA



Lugo. 31/XULLO/2024

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega quere mostrar o seu apoio aos gandeiros galegos de Suprema, moitos deles pertencentes a Acruga, ante as medidas adoptadas para protestar polos baixos prezos da carne e a escalada dos costes de produción, que en opinión do presidente de Acruga "supón unha situación moi complicada para moitas gandeiras e gandeiros, que ven como os custes de produción e recría non compensan os baixos prezos que se están a pagar pola carne".

César Dorado sinala ao respecto que "dende Acruga levamos anos demandando das distintas adminsitracións unha resposta común a unha situación cada vez máis difícil. Os baixos prezos da carne e o incremento dos costes de produción ante a subida dos prezos dos pensos, combustibles, electricidade, etc, complican cada vez máis a supervivencia das nosas explotacións".

Por iso, sinalou o presidente de Acruga "queremos mostrar o noso apoio a esta reivindicación ao tempo que reclamamos unha vez máis que dunha vez por todas as administracións fixen de xeito conxunto unha folla de ruta coa que reverter a difícil situación que atravesa un dos sectores estratéxicos da nosa economía".