UNHA VINTENA DE PERSOAS ASISTE AO CURSO DE XUÍCES DE RAZA RUBIA GALLEGA , QUE ACRUGA IMPARTE NA GRANXA GAYOSO CASTRO
Nesta decimo sexta edición hai alumnos de toda Galicia, máis un procedente de Santa Cruz de Tenerife, que recibirán tralas probas as cerificacións que lles acreditan como xuíz amateur, auxiliar ou pincipal
A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega imparte estes días un novo curso de xuíces, que este ano acada a súa decimo sexta edición, coa participación de vinte gandeiras e gandeiros. As clases, que comezaron hoxe na graxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea, serviron para estudar as características da Raza Rubia Gallega e para saber como se deben calificar os animais, unha vez valorados.
Nesta nova edición hai alumnos das catro provincias galegas, aínda que destaca a representación de ata catro gandeiros e gandeiras chegados de Rodeiro, en Pontevedra. Tamén hai criadores das provincias de Ourense, A Coruña e, en maior número, da de Lugo, coa asistencia de titulares de explotacións en O Corgo, Lugo, Sarria, Vilalba, Paradela e Láncara. Curiosamente este ano, entre os alumnos figura un gandeiro de Santa Cruz de Tenerife. A raza autóctona de vacún de carne das Illas Canarias, a Palmera, está catalogada como raza de protección especial, e garda moitas semellenzas coa rubia galega.
Esta mañá abordaron os aspectos nos que se deben centrar para realizar a calificación lineal do gando vacún de carne, tanto no que atinxe á teoria como na práctica, que realizaron no centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación, cos animais que forman o rebaño de élite desta raza. Na xornada de mañá farán as prácticas de valoración dos animais en granxas colaboradoras do Libro Xenealóxico da raza, para o que se trasladarán a unha explotación de Outeiro de Rei.
Unha vez completen os exames e pasen as probas iniciais de calificación dos animais, os alumnos farán fronte á derradeira proba para obter ese diploma que lles acredita para valorar e calificar aos animais, coidando ao máximo que cumpran coas características que definen o prototipo racial da rubia gallega. Neste curso, uns once alumnos optan a obter o título de xuíz amateur; tres o de xuíz auxiliar e outros catro o certificado de xuíz principal.