ACRUGA CELEBRA A DERRADEIRA PUXA DO ANO, COA SUBASTA DE DEZ NOVILLAS PREÑADAS NO RECINTO GANDEIRO DE PEDRAFITA
As femias, todas preñadas e de excelente calidade, proceden da granxa Gayoso Castro e partirán cun precio de saída de 2.300 euros
Este ano as reses do centro de recría que xestiona a Deputación de Lugo obtiveron récords de cotización, o máis alto en Adai, onde se pagaron ata 7.000 euros por unha destas xatas
A partir das doce da mañá se poderá poxar por algúns destes animais, que destacan pola súa excelente xenealoxía e por súas boas calificacións nos índices lineais
Lugo. 20-11-2024
A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, celebrará mañá xoves, día 21, en Perafita do Cebreiro a súa derradeira subasta do ano. Trátase dun recinto gandeiro no que Acruga sempre consigue bos resultados, polo que a organización agarda boas vendas e cotizacións para as dez novillas preñadas que se presentarán á subasta. Todas elas chegan a Pedrafita procedentes da granxa Gayoso Castro, onde a Deputación de Lugo xestiona o centro de recría no que se seleccionan os mellores exemplares que van a este tipo de poxas. O prezo de saída será de 2.300 euros, coa axuda á compra que aporta Caixa Rural Galega para cada un dos exemplares de 200 euros. A retirada de tarxetas, poderase facer, como sempre, desde unha hora antes do comezo da subasta, no mesmo recinto gandeiro.
En Pedrafita as novillas preñadas da granxa Gayoso Castro sempre consiguen boas cotizacións, como ocurríu na subasta celebrada o pasado mes de abril, no que o prezo medio dos seis animais presentados e adxudicados lograron un prezo medio de 2.758 euros, aínda que unha delas alcanzou os 3.150 euros no anel de subastas. Neste caso, se poderá poxar por dez novillas preñadas duns seis meses, con idades comprendidas entre os 23 e os 28 meses, e con moi boas cualidades como o demostran as xeonealoxías nas que figuran sementais como Colón AG, Cubillón AG, Xeitoso AG, Pokemón AG ou Pavaroti AG, entre outros.
Esta subasta é a segunda que se celebra no que vai de ano en Pedrafita do Cebreiro, que sempre acolle unha poxa en abril e outra en setembro. Esta última tivo que aprazarse por problemas derivados da EHE. Este subasta é parte do programa desenvolvido pola Deputación de Lugo para a dinamización e potenciación da Raza Rubia Galega nas explotacións lucenses.