S�guenos en TwitterS�guenos en Facebook

ACRUGA LOGRA UN PREZO MEDIO DE 3.075 EUROS NA SÚA PRIMEIRA SUBASTA DO ANO, CELEBRADA ESTA MAÑÁ EN BECERREÁ





Adxudicáronse os catro exemplares, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, nunha poxa na que se chegaron a inscribir ata 26 posibles compradores

O presidente de Acruga, César Dorado, mostrouse satisfeito cuns resultados que "demostran que cando hai demanda, véndese" e anima a asistir a seguinte cita en Boimorto.

Criadores do Corgo, Fonsagrada, Ribadeo e Sarria se levaron as catro novillas preñadas do centro de recría Gayoso Castro, con prezos que superaron con creces os 2.300 euros de saída

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, celebrou esta mañá a primeira subasta de novillas preñadas do ano no mercado gandeiro de Becerreá, onde se viviu unha poxa moi animada e concorrida, con ata 26 posibles compradores de diferentes municipios da provincia. As catro novillas preñadas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, foron adxudicadas en prezos moi por riba do de saída, fixado en 2.300 euros. As altas cotizacións da poxa fixeron posible un prezo medio de 3.075 euros, con adxudicaións a gandeiros e gandeiras con explotacións en O Corgo, A Fonsagrada, Ribadeo e Sarria.

A alta calidade dos exemplares, unha excelente xenealoxía e a demanda de novillas preñadas fixo que a primeira subasta do ano, celebrada no mercado gandeiro de Becerreá rematará con bos resultados. Os exemplares vendéronde por 3.200, 3.100, 2.800 e 3.200 euros, todos eles moi por riba do prezo de saída. O presidente de Acruga, César Dorado, mostrouse satisfeito cos resultados desta primeira poxa, e sinalou que "o que se demostra é que se hai demanda, véndese, e a nosa Raza Rubia Galega, sigue despertando moito interese entre os gandeiros e gandeiras polas súas excelentes características, ao que contribúe moito o bo traballo que se está a facer na Granxa Gayoso Castro, grazas á colaboración que mantemos coa Deputación de Lugo".

Precisamente, deste centro de recría saírán tamén os próximos exemplares que protagonizarán as seguintes subastas que organizará Acruga. As máis próximas serán as de Boimorto, o vindeiro 30 de marzo, e xa no mes de abril, o día 5, no mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro.